fucáceo -a
(< lat Fucus)
-
adx
Relativo ou pertencente ás fucáceas.
-
s
f
[PROTISTA]
Alga da familia das fucáceas.
-
s
f pl
[PROTISTA]
Familia de algas mariñas, da orde das fucais, de talos brandos, grosos, aplanados e moi subdivididos e diferenciados. Contan cun disco basal en ventosa co que se adhire ás rochas e frecuentemente presentan aerocistos no extremo dos talos que manteñen a alga en posición vertical co corpo mergullado. O estípite está provisto lateralmente de dúas partes aplanadas a xeito de alas e a fronde aparece dividida dicotomicamente cunha nervación máis ou menos marcada. A reprodución é preferentemente sexual, mediante oogamia, aínda que en condicións adversas reprodúcese por fragmentación do talo. É unha familia moi difundida, especialmente, en mares fríos. Os xéneros máis comúns son Ascophyllum, Fucus e Pelvetia.