Fuji Bank
Fuji Bank
Banco constituído en 1880 co nome de Yasuda Bank. Cambiou a súa denominación pola actual en 1948. Ten a súa sede social en Toquio. Ao fusionarse co Industrial Bank de Xapón e o Dai-Ichi Kangyo Bank, en 1999, crearon o holding bancario máis grande do mundo.