fumarola

fumarola

(< ital fumarola)

  1. s f [XEOL]

    Materia volcánica en estado gasoso que é expulsada do interior da terra pola forza da presión magmática. Pode acadar temperaturas entre os 50°C e os 600°C, aproximadamente. Segundo os casos, as fumarolas poden ser cloruradas, clorhídricas, amoniacais, sulfhídricas e carbónicas. Danse normalmente en rexións volcánicas e despréndense unha vez cesada a actividade eruptiva principal. Preto do volcán Katmai (Alaska) está a rexión con máis densidade de fumarolas de toda a superficie terrestre.

  2. s f [XEOL]

    Burato ou greta da superficie terrestre por onde sae a fumarola.

Palabras veciñas

fumareo | Fumaria | fumárico, ácido | fumarola | Fumata Negra | fumata* | fumaxe