fume

fume

(

    1. s m [QUÍM]

      Aerosol formado por partículas carbonosas sólidas dispersas no seo dun gas. Xeralmente, fórmase cando a combustión de diferentes corpos é incompleta, aínda que tamén pode proceder de gotas líquidas. O fume pode contribuír á corrosión de metais, pode matar plantas e intoxicar persoas e animais (contaminación atmosférica), aínda que tamén se pode usar como medio de conservación de alimentos (afumado). O efecto de escuridade do fume débese á reflexión e á refracción da luz nas partículas sólidas ou pequenas gotas líquidas en suspensión no aire. Na tradición oral recóllense os seguintes ditos: “Leña verde e xente nova, todo é fume. Vale máis fume da miña casiña que lume da veciña. Onde hai fume hai lume”.

    2. tubo de fumes [TECNOL]

      Cada un dos tubos por onde circulan os gases de combustión nas caldeiras de vapor e noutros aparatos calefactores.

  1. s m

    apor visible que exhalan os líquidos ou corpos húmidos máis quentes ca o aire do ambiente.

    Ex: Non era quen de comer o guiso porque aínda botaba fume.

  2. s m pl

    Sentimento de fachenda, de orgullo ou altivez que mostra alguén.

    Ex: Colleu moitos fumes des que o ascenderon na empresa.

Frases feitas

  • A fume de carozo. Con moita rapidez.

  • Apagarlle/Baixarlle/Quitarlle/Sacarlle os fumes a alguén. Rebaixarlle a alguén a súa altivez, orgullo ou vaidade.

  • Botar fume. Estar moi enfadado.

  • Facer fume sen lume. Promover algo sen causa.

  • Facer lume sen que se vexa o fume. Facer algo caladamente.

  • Fume de pallas. Aquilo que dura moi pouco.

  • Irse todo en fume. Quedar en nada algo no que se tiñan postas moitas esperanzas.

  • Ser todo fume. Ser todo aparencia.

  • Subírselle os fumes a alguén. Encherse de altivez ou vaidade.

  • Volverse ou facerse fume algo ou alguén. Desaparecer ou disiparse.

Formas incorrectas

fumo

Refráns

  • Fume, pingueira e muller lareteira botan o borne da casa á carreira.
  • O fume vaise ao fumeiro e alí faise o preguiceiro.
  • O fume, a goteira e a muller brava botan o borne fóra da súa casa.
  • O fume, a pingueira e a muller paroleira, botan o borne da casa, queira ou non queira.

Palabras veciñas

fumaxina | fumaza | fumazo | fume | fumeante | fumear | fumegante