funcionalismo
(
-
s
m
Condición de funcional.
-
s
m
[ARTE]
Posición teórica fronte á arquitectura, do moble e do deseño, que fai da estrita adaptación da forma á finalidade da obra o principio de actuación do deseñador. No s XIX, co renacemento do mundo goticista, implantáronse as teorías funcionais, e pódese considerar funcionalista nun primeiro grao a Eugène Viollet-le-Duc, quen, no Ditionnaire raisonné de l’architecture (1854-1868), propugnou o estudo da arquitectura medieval co fin de aplicar os principios que a rexeron ás necesidades modernas. Jean-Nicolas-Louis Durand, en Précis des leçons (1802-1805), xa subliñara que a utilidade é a finalidade da arquitectura e tamén a súa fonte de beleza. Gottfried Semper, en Der stil in dem technischen und tektonischen Küsten (O estilo nas artes técnicas e tectónicas, 1860-1863), estableceu que a estrutura depende do material empregado, do método construtivo e do uso proposto. Quen asentou, sen embargo, con máis claridade as ideas funcionalistas foi Louis Sullivan, en Kindergarten Chats e The Autobiography of an Idea (1922-1923), onde formulou o principio “form follows function” (a forma segue a función). O termo orgánico e o racional relacionáronse a miúdo co funcionalismo.
-
s
m
[LING]
Corrente lingüística continuadora do estruturalismo que supón unha alternativa ao enfoque abstracto defendido por L. Hjelmslev e o formalismo. Destaca o carácter instrumental da linguaxe e o papel dos falantes, considerando que a estrutura das linguas vén determinada polas funcións que lle dan os seus usuarios. Distínguese o funcionalismo continental, con autores como A. Martinet (funcionalismo francés), E. Coseriu (escola de Tübingen) ou S. C. Dik (funcionalismo holandés), e por outra o funcionalismo británico de M. A. K. Halliday (lingüística sistémica). No ámbito hispano, sobresae E. Alarcos Llorach (escola de Oviedo). Coseriu, igual que F. Saussure, estudiou o que hai de sistemático e opositivo na linguaxe, pero estableceu tres niveis como obxecto de estudo da lingüística -sistema, norma e fala-, fronte á dicotomía saussuriana entre lingua e fala. Polo tanto, a lingüística debe estudiar tanto o sistema -lingua en Saussure- como a norma, e nesta última entraría xa un primeiro grao de variación (diacrónica, diatópica, diastrática e diafásica). Halliday sostén que a lingüística debe ocuparse non só das relacións internas entre os elementos, senón tamén das relacións entre a linguaxe e as situacións nas que se usa (relacións externas). Fronte á competencia lingüística de N. Chomsky, no paradigma funcional interesa a competencia comunicativa. Así, na lingüística sistémica distínguense tres tipos de funcións, relacionadas cada unha delas cunha compoñente da linguaxe. Na compoñente ideativa sitúanse as funcións semánticas, a través das cales se expresan os “contidos” da experiencia. Na compoñente interpersoal inclúense as funcións sintácticas, mediante as que se establecen as relacións entre os participantes. E a compoñente textual está integrada polas funcións informativas, relevantes para a construción de textos orais e escritos. Así, por exemplo, a función clásica de suxeito divídese en tres tipos: semanticamente é quen realiza a acción, sintacticamente é quen concorda en número e persoa co verbo e informativamente é aquilo do que se fala.
-
s
m
[FILOS]
Teoría, iniciada por D. Armstrong e H. Putnam, que considera que a condición para estar nun estado mental vén dada, máis que polas características intrínsecas do estado, polas relacións causais deste.
-
s
m
[SOCIOL]
Teoría sociolóxica creada por Talcott Parsons baseada no estruturalismo. Considera a sociedade como un sistema cun equilibrio estable no que as estruturas sociais, como a familia, posúen un carácter funcional. O sistema social mantense en equilibro na medida en que a cada unha das súas necesidades corresponde unha estrutura que lle dá satisfacción, cumprindo unha función determinada útil para esa sociedade. Calquera fenómeno social que rache ese equilibrio sería considerado disfuncional. Foi unha das correntes sociolóxicas máis importantes do s XX e aplicouse a outras áreas do coñecemento como o caso da antropoloxía cultural, coas obras de B. K. Malinowski.