funcionario -ria
(
-
s
Persoa que exerce unha función pública.
-
funcionario internacional
[DER]
Persoa que presta os seus servicios de maneira permanente nunha organización internacional integrándose no seu aparato executivo ou administrativo. Conservan a nacionalidade dun estado membro da organización pero non representan os seus intereses nin admiten instrucións do mesmo. A natureza da relación xurídica co organismo é nalgúns casos de índole contractual e noutros de carácter estatutario ou regulamentado pola lei e os regulamentos propios de funcionarios. Os seus dereitos e obrigas derivan, entre outras fontes, dos tratados constitutivos da organización internacional, dos estatutos de persoal e dos contratos subscritos entre o funcionario e a organización. Os altos funcionarios das organizacións internacionais adoitan gozar de inmunidade e outras prerrogativas acordadas en función do dereito internacional.
-
funcionario público
[DER]
Persona incorporada á Administración por unha relación de servicios profesionais e retributivos, regulada polo dereito administrativo. A súa situación está regulamentada e legalizada polo denominado estatuto do funcionario. Como consecuencia da relación de servicios, ten unha serie de dereitos e deberes regulados por diversas leis. Despois de superar os procesos de selección para o ingreso no corpo de funcionarios (oposición, concurso, concurso-oposición), prodúcese o nomeamento pola autoridade competente e a toma de posesión. A perda da condición de funcionario prodúcese por renuncia, perda da nacionalidade española, sanción disciplinaria de separación de servicio, pena principal ou accesoria de inhabilitación e nos casos de xubilación forzosa ou obrigada. A provisión de postos de traballo realízase mediante o concurso de méritos, a libre designación e a reasignación e redistribución de efectivos. Os funcionarios poden atoparse en diversas situacións administrativas: servizo activo, servicios especiais, excedencia, suspensión de funcións, servicios en comunidades autónomas e expectativa de destino. As incompatibilidades e o réxime disciplinario tamén están regulamentadas pola lei. Ademais dos funcionarios da Administración Xeral do estado distínguese entre funcionarios da Administración local, funcionarios das comunidades autónomas, funcionarios en prácticas e funcionarios interinos.