fundíbulo

fundíbulo

(< lat fundibŭlu)

s m [BÉL]

Máquina de guerra empregada polos romanos nos sitios de cidades amuralladas e fortificacións. Consistía nunha trabe xiratoria que disparaba pedras de gran tamaño pola acción dun contrapeso máis groso atado ao outro lado. Continuou empregándose na Idade Media ata a aparición da pólvora na artillería.

Palabras veciñas

fundente | fundible | fundibulario | fundíbulo | fundición | fúndico -ca | fundido -da