funeraria
(
-
s
f
Empresa dedicada a prover as cerimonias funerarias.
-
arte funeraria
[ARTE]
Arte propia dos ritos funerarios. A súa concepción varía segundo as relixións e as civilizacións, pois é a expresión dun sistema de vida. A pintura deixou testemuños nos hipoxeos exipcios, nos retratos funerarios de Al-Fayyūm e nas catacumbas, aínda que dende a Idade Media se empregou pouco. No eido da escultura apareceu na Antigüidade nos retratos dos sarcófagos, no románico e no gótico coas figuras de xacentes e axeonllados, e acadou un gran desenvolvemento no Renacemento e no Barroco coa creación de tumbas monumentais. A arquitectura tivo un carácter funerario en todas as épocas, dende as pirámides exipcias ata os panteóns dos cemiterios no s XIX, onde se desenvolvía tamén un programa escultórico. En Galicia, cómpre destacar os monumentos funerarios conservados nas igrexas e catedrais, entre os que destaca o de Fernán Pérez de Andrade o Bo en San Francisco de Betanzos, e en época máis moderna os do Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval e os situados nos diversos cemiterios.
Frases feitas
-
Á funeraria 1 Aplícase ao fusil ou a unha arma similar que se leva colocado coa boca cara a abaixo.
-
2 Aplícase ao ollo morado, especialmente por un golpe.
-
3 Que se atopa en malas condicións.