funxicida
funxicida
(< lat fungus ‘fungo’ +-cida)
adx e s
m
[QUÍM]
Aplícase a calquera composto sintético ou biosintético que se emprega para matar os fungos. Entre os fármacos que se empregan para curar as enfermidades micóticas no home, existe a nistatina, a amfotericina, a griseofulvina e o clotrimazol. En agricultura, o xofre e os sales de cobre son dous dos funxicidas que máis se coñecen e se empregan, o último na forma de caldo bordelés.