furioso -sa

furioso -sa

(< lat furiōsu)

  1. adx
    1. Que ten moita furia.

      Ex: Está furiosa porque lle deron un golpe no coche.

    2. Que denota furia.

      Ex: Daba uns berros furiosos. Botoulle unha mirada furiosa.

  2. adx e s [DER]

    Aplícase á persoa demente que sofre un trastorno mental. No dereito romano, debido á súa situación mental, estaba afectada dunha incapacidade absoluta para obrar. No dereito xustiniano, o furioso era o demente que tiña intervalos de lucidez, fronte ao demens ou mente captus, afectado de loucura permanente.

  3. adx [HERÁLD]

    Aplícase ao touro erguido sobre as patas en actitude de león rampante.