Fus āt, al-
Fus āt, al-
Cidadela do Cairo situada na beira L do Nilo. Fundada no 642 como nova capital de Exipto en substitución de Alexandría, foi residencia dos gobernantes abbásidas e tulúnidas ata a fundación do Cairo (969). Destruída polas cruzadas no 1168, foi un importante centro económico, industrial e educativo do mundo islámico durante a Idade Media. Desde 1978 realizáronse continuas campañas de escavacións co obxectivo de estudar a vida nesta cidade medieval musulmana.