Galia, Guerra das
Galia, Guerra das
Expedición militar que dirixiu Xulio César durante o proconsulado para conquistar a Galia entre o 58 a C e o 51 a C. Durante a campaña derrotou os xermanos de Ariovisto e logo os pobos belgas e os armoricanos. Despois de conquistar o NO, os romanos derrotaron as tribos de Gran Bretaña que axudaban aos galos menapios. No 53 a C os galos, encabezados por Vercinxetórix, subleváronse contra os exércitos romanos e ocuparon diversas rexións. Despois de cercar as tropas galas en Alesia derrotounas (51 a C) e apoderouse de todo o territorio. César escribiu a obra De bello gallico (A Guerra das Galias) onde recollía os datos destas expedicións militares.