Galicia Gráfica
Galicia Gráfica
[PUBLIC]
Revista semanal editada na Coruña ao redor do ano 1929. Dirixida por F. Montero de Doíztua, foi a continuadora doutra publicación cos mesmos contidos e estrutura titulada Galicia. Ademais de novas de actualidade, incluíu estampas coruñesas, referencias a costumes galegos e artigos dedicados a diversos artistas. Todos os artigos ían acompañados de abundantes gravados e fotografías.