Galician Programme

Galician Programme
[COMUN]

Programa radiofónico retransmitido pola BBC de Londres entre os anos 1947 e 1956 e que se incluíu no denominado Spanish Programme. Presentouno Alexandre Reimúndez, que contou coa colaboración de Plácido Castro, e en Galicia coordinouno Fernández del Riego. Cómpre destacar a participación de numerosos xornalistas galegos no exilio e de escritores galegos, entre outros, R. Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Celso E. Ferreiro, Rafael Dieste e Augusto Assía.