2 galla
2 galla
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo galla.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo pertencente ao pobo galla.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo etíope que habita no macizo central de Etiopia. Na Antigüidade eran pastores nómades pero adoptaron unha forma de vida sedentaria e a súa economía baseouse na agricultura. A súa relixión, que deriva do cristianismo, mestura elementos musulmáns e ritos pagáns.
-
s
m
[LING]
Lingua do grupo oriental das linguas cuxitas que fala o pobo galla.