Gallaecia
Revista editada por Ediciós do Castro en Santiago de Compostela a partir de 1975. Subtitulouse “Publicación del departamento de Prehistoria y Arqueología. Facultad de Geografía e Historia. Universidad de Santiago de Compostela”. Posteriormente, levou por subtítulo “Departamento de Historia I da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela”. Dirixiuna inicialmente Carlos Alonso del Real. Na edición de 2001, o seu consello de redacción estaba formado por Fernando Acuña, Raquel Casal, José M. Vázquez, Antón A. Rodríguez, Felipe Criado, José C. Bermejo, Marco V. García e Miguel Romaní. Incluíu artigos e traballos de investigación relacionados coa arqueoloxía, a prehistoria, a arquitectura, a historia, a artesanía e a antropoloxía.