Gallego, El

Gallego, El
[PUBLIC]

Periódico editado en Pontevedra a partir do 1 de decembro de 1862. Cesou probablemente o 10 de abril de 1863. Subtitulouse “Agricultura, industria, comercio, ciencias, artes y literatura”. Editado por Andrés Martínez López, o seu director foi Elisardo Ulloa Varela. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Vilas. Nos seus artigos defendeu a modernización socioeconómica de Galicia, cunha especial énfase no ferrocarril. Incluíu ademais información sobre temas culturais e composicións literarias.