Gamala

Gamala

Antiga cidade fortificada hebrea situada no Golán. Fundada polo monarca asmoneo Alexandre Xaneo (s I a C), durante a revolta dos hebreos contra os romanos, Flavio Xosefo dirixiu a súa resistencia. Trala conquista no ano 67, foi destruída. Identificouse a partir da década de 1970 e foi escavada por S. Gutman.