gametófito

gametófito

(< gameto + -fito)

s m [BOT]

Fase de células haploides do ciclo vital das plantas que presentan alternancia de xeracións na que se producen os gametos. Así, os grans de polen son o gametófito masculino nas anxiospermas, mentres que o saco embrionario é o feminino.

Palabras veciñas

gameto | gametocida | gametocito | gametófito | gametogamia | gametóspora | gametoxénese