gammagrafía

gammagrafía

(< gamma + -grafía)

  1. s f [MED]

    Método de exploración clínica, fundamentado na administración endovenosa dunha substancia radioactiva, que se fixa dunha maneira selectiva sobre as células do órgano que se quere estudiar.

  2. s f [IND]

    Proba non destrutiva con raios γ para detectar fisuras e outros defectos internos das pezas metálicas. Os raios γ, dunha frecuencia moi alta, propáganse en liña recta a través da peza e rexístranse nunha película sensible. As imperfeccións internas provocan unha diferenza de intensidade no rexistro fotográfico.

Palabras veciñas

gammacismo | gammado -da | gammaglobulina | gammagrafía | gammahidroxibutirato | gamo -ma | gamo-