ganglio
(
-
[ANAT]
-
s
m
Engrosamento natural de tecido de forma, tamaño e estrutura variable que pode ter lugar en calquera parte do corpo. Segundo a función ou a localización, os ganglios reciben diferentes nomes: cardíaco, óptico, oftálmico, xugular, raquídeo, etc.
-
ganglio linfático
Masa de tecido linfoide que se sitúa sobre todo o traxecto linfático. Os ganglios linfáticos teñen unha función hematopoética, fagocitaria e hemolítica; pode ter localizacións superficiais ou profundas e, no ser humano, existe en grandes cúmulos no pescozo, na axila, na ingua, no mediastino, na pelve e na parede intestinal.
-
ganglio nervioso
Masa de tecido nervioso que contén corpos celulares neuronais que se rodean dunha cápsula de tecido conectivo. En certos grupos de invertebrados, preséntanse como unha escala de nós, é dicir, en forma simétrica por parellas en todo o corpo, unidos por comisuras transversais. Nestes ganglios existe unha gran concentración de células nerviosas, posto que os invertebrados non teñen encéfalo nin medula. Nos vertebrados, os ganglios nerviosos sitúanse xeralmente fóra do cerebro ou da medula espiñal, agás os ganglios basais do cerebro.
-
s
m
-
s
m
[PAT]
Tumor cístico que se forma nos tendóns e nos músculos, próximo ás articulacións.