Garajonay, Parque Nacional de
Garajonay, Parque Nacional de
Zona da illa da Gomera, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, de 3.984 ha de extensión, situada no centro da illa. A altura máxima alcánzase no pico de Garajonay (1.487 m). Máis da metade da súa superficie está recuberta de bosques; destacan pola súa singularidade e rareza os de laurisilva.