garantía
(
-
s
f
Seguridade que se dá para a realización ou o cumprimento de algo.
Ex: Comprar esa marca de aparato é garantía de bo funcionamento. Deulle garantía de que iría.
-
s
f
Cousa ou persoa que garante algo.
Ex: Ese xuíz é garantía dun xuízo imparcial. Ten un currículo que lle serve de garantía para atopar un bo traballo.
-
s
f
[DER]
-
Seguro de bo funcionamento, durante un tempo determinado, dalgunha cousa que se mercou, ou dalgún dos seus compoñentes, que se teñen que substituír ou reparar no caso de estar defectuosos ou avariados.
-
Documento que garante o bo funcionamento ou estado de algo.
-
-
s
f
[DER]
Contrato accesorio doutro principal que ten por finalidade asegurarlle ao acredor o cumprimento dunha obriga. Existen dúas clases de contrato de garantía: o persoal, ou contrato de fianza, no que un terceiro queda obrigado a cumprir a obriga principal, no caso de que non o faga o debedor; e o real, mediante o que se asegura a realización do crédito a través da asignación dun ben ou dun dereito. Segundo afecte ao valor ou á cousa distínguese entre contrato de peñor, hipoteca e anticrese.
-
garantías constitucionais
[DER]
Conxunto de medios que se poñen para asegurar o exercicio dos dereitos recoñecidos pola Constitución. O sistema de garantías constitúe un freo aos abusos de poder.
-
programa de garantía social
[EDUC]
Programa educativo específico, implantado coa Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE, 1990), que se lle oferta ao alumnado que non acada os obxectivos da educación secundaria obrigatoria, co fin de lle proporcionar unha formación básica e profesional que lle permita incorporarse á vida activa ou proseguir os estudios nas distintas ensinanzas reguladas por esta lei e, especialmente, na formación profesional específica de grao medio.
Frases feitas
-
En garantía Período de tempo en que ten garantía un produto.