Garza
Garza
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu en Tor, Monforte de Lemos. Unha rama pasou a Chile. As súas armas levan escudo partido: primeira partición, en campo de azul, cunha garza de ouro; segunda partición, en campo de prata, con seis roeis de azul, postos en dous paos. Tamén se atesta coa forma Garzo.