gasificación
(
-
s
f
Acción e efecto de gasificar.
-
[QUÍM]
-
s
f
Procedemento de conversión dun combustible sólido ou líquido nun gas combustible por combinación parcial do carbono co osíxeno, co que se obtén unha mestura gasosa rica en monóxido de carbono capaz de recombinarse con máis osíxeno e producir así unha nova combustión. A gasificación, por exemplo, é de grande importancia para a conversión de carbóns que presentan baixa calidade en combustibles de maior utilidade.
-
gasificación subterránea
Procedemento de gasificación dun combustible sólido no mesmo xacemento por introdución dunha corrente de aire (normal ou enriquecida con osíxeno). O gas combustible que se produce pódese empregar para xerar electricidade ou pódese someter a diversos procesos para que se converta en combustible ou en determinados produtos químicos.
-
s
f