gasterópodo
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos gasterópodos.
-
s
m
[ANIMAL]
Molusco da clase dos gasterópodos.
-
s
m
[ANIMAL]
Clase do subtipo dos moluscos. Presentan o corpo dividido en tres rexións: a cabeza, a masa visceral e o pé, órgano musculoso e reptante que ocupa unha posición ventral respecto ás outras dúas rexións. Na cabeza teñen dous pares de tentáculos, no extremo dun destes pares están normalmente os ollos, e no extremo do outro par, os sentidos do tacto e do olfacto. A boca é apical, cunha lingua encrespada de púas denominada rádula. A masa visceral, enrolada nunha espiral helicoide, adoita estar recuberta dunha cuncha univalva, tamén enrolada de forma helicoidal, se ben esta cuncha falta nalgúns individuos, coma nas lesmas e os nudibranquios. O pé, que se estende pola parte ventral, segrega unha mucosidade que lle proporciona adherencia. A maioría son mariños, aínda que tamén os hai de terra e de auga doce.