gastrozooide

gastrozooide

(< gastro- + zooide)

s m [ANIMAL]

Cada un dos pólipos dunha colonia polimorfa de cnidarios encargados de levar a cabo a toma e a dixestión dos alimentos comunitarios. Teñen a forma típica dos pólipos, cunha cavidade central e un orificio buco-anal envolto por uns tentáculos cargados de cnidoblastos.