Gazankulu

Gazankulu

Bantustán da República de Sudáfrica, situado ao NL do Transvaal (6.561 km2; 608.000 h [1991]). A capital era Giyani. Habitado esencialmente por shangaans, constituíuse como bantustán autónomo desde 1973 e despareceu como tal coa fin do apartheid (1992-1993). Os seus habitantes son cidadáns de pleno dereito da República Sudafricana.