gaznévida
gaznévida
(< topónimo Ghaznī)
-
adx
[HIST]
Relativo ou pertencente aos gaznévidas.
-
s
[HIST]
Membro da dinastía musulmá de orixe turca, fundada por Alptigīn, que gobernou con capital en Ghaznī o L de Irán e Afganistán entre o 977 e o 1187. Durante o reinado de Maḥmūd de Ghaznī (999-1030) a dinastía conseguiu o seu máximo esplendor coa invasión de Iraq e o Sindh e a anexión do Punjāb, que asentou as bases para a futura penetración musulmá na India.