Gea
Gea
Personificación da Terra, concibida como un elemento primordial do que xurdiron as razas divinas. Segundo Hesíodo, naceu por ela mesma, despois do caos e en oposición a el. Sen intervención masculina enxendrou a Urano (o ceo), as montañas e o Ponto (o mar). Xuntouse a Urano e enxendrou os titáns, os xigantes e os cíclopes.