gesamtkunstwerk*

gesamtkunstwerk*
s [ESPECT]

Termo proposto por Richard Wagner para facer referencia a unha obra de arte que conxugase todas as artes escénicas, coa finalidade de crear unha obra total na que música, palabra, luz, son, movemento ou imaxe, amais doutras artes como pintura, escultura ou arquitectura, se complementasen nun todo integral e perfecto. Este movemento, claramente simbolista, permitiu unha fonda renovación das linguaxes escénicas e potenciou o desenvolvemento de investigacións relacionadas coas novas correntes escénicas.

Palabras veciñas

Gèrs | Gershwin, George | Gertler, Viktor | gesamtkunstwerk* | Gesner, Conrad | gestalt* | Gestapo