Gibbs, función de

Gibbs, función de

Función termodinámica G definida pola ecuación G=U-TS+pV=H-TS (sendo U a enerxía interna, T a temperatura absoluta, S a entropía, p a presión, V o volume e H a entalpía. Coñecida tamén como entalpía libre, é unha función de estado do sistema considerado. Para un sistema en equilibrio, a función de Gibbs específica ten o mesmo valor para as fases líquida e gasosa. Unha consecuencia desta propiedade é a regra das fases ou de Gibbs.