ginkgo
ginkgo
Nome científico:
[Ginkgo biloba, Fam das ginkgocáceas]
s
m
[PLANTA]
Árbore caducifolia dioica, que pode acadar os 40 m de altura, provista de follas alternas flabeladas, con flores masculinas en amentos e femininas bilobuladas, e de froitos drupiformes. Propia de China oriental, é común en parques e xardíns. Das follas verdes obtense un extracto rico en flavonoides, que se emprega en afeccións do sistema vascular. Tamén se coñece como árbore dos corenta escudos.