Galicia Cántat

Galicia Cántat
[PUBLIC]

Revista bianual da Federación Coral Galega que comezou a súa edición en outono de 1985. Dirixida por Vicente Rodríguez Abeijón, tentaba servir como canle de comunicación entre os diferentes membros das corais de Galicia. Incluíu información sobre a historia das corais e sobre o movemento coral na comunidade galega e en xeral do resto da Península. Ademais, inseriu partituras e artigos de opinión de destacados expertos en música.