Girona

Girona

Provincia de España na Comunitat Autónoma de Catalunya, situada á beira do Mar Mediterráneo (5.886 km2; 565.304 h [2001]). A súa capital é Girona. Está dividida en seis partidos xudiciais e 235 municipios. A prefectura napoleónica de 1809 e a corrixidoría de 1810 serviron de base a divisións posteriores (1822 e 1833). O seu litoral, que se corresponde co extremo oriental da Cordilleira Pirenaica, é moi rochoso, polo que recibiu a denominación turística de Costa Brava; este sector de actividade favoreceu o crecemento económico e demográfico da provincia, na que destacan, ademais da capital, as cidades industrias e turísticas de Figueres (33.064 h), Blanes (30.693 h), Olot (28.060 h), Salt (21.238 h) e Lloret de Mar (20.239 h).