giuoco di calcio*
giuoco di calcio*
[XOGO]
Xogo de pelota que se practicaba dende o s XVI en Florencia e Siena e outras cidades italianas e que se considera antecedente do fútbol. No xogo enfrontábanse dous equipos de 27 xogadores cada un, que tiñan que levar unha pelota á meta defendida polos rivais: para desprazar a pelota permitíaselles empregar as mans e os pés. Seis árbitros encargábanse de que durante a celebración do xogo se observasen as regras.