glacis

glacis

(

  1. s m [BÉL]

    Terreo en pendente que baixa dende o camiño cuberto ata o campo nunha fortificación.

  2. s m [XEOG]

    Forma de relevo caracterizada por ter unha topografía de pendente lonxitudinal (entre o 1 e o 5%) constante ou lixeiramente cóncava. Precisa, entre outros fenómenos, unha desnivelación morfotopográfica, ao pé da que se forma o glacis, e procesos de arroiada difusa ou manto e precipitacións esporádicas ou irregulares pero intensas. Distínguese entre glacis de erosión, formados sobre rochas brandas ao pé de relevos estruturais, e pedimentos, modelados sobre rochas duras e cristalinas. En Galicia, describíronse glacis datados no Cuaternario nas depresións de Maceda, Monforte de Lemos e Monterrei. Recibe tamén o nome de rampla de erosión.