glagolítico -ca
glagolítico -ca
(
-
adx
[ESCR]
Aplícase ao alfabeto e á escritura eslava anterior á escritura chamada, erroneamente, cirílica. Algúns investigadores fano derivar da minúscula grega, e outros din que é creación orixinaria de san Cirilo. Preséntase en dous estilos diferentes: o búlgaro e o ilírico ou croata. O alfabeto consta de 38 signos. Foi a escritura que se empregou na primeira tradución ao eslavo (s IX) da Biblia e dos libros litúrxicos bizantinos. Substituída, entre os eslavos ortodoxos, pola escritura cirílica, foi conservada polos croatas (de rito latino), que, finalmente, substituíron polos caracteres latinos.
-
misa glagolítica
[RELIX]
Misa do rito romano pronunciada en eslavo antigo (os textos estaban escritos antigamente en caracteres glagolíticos), propia dos católicos de Croacia.