glauconita

glauconita

(

s f [MINERAL]

Silicato hidratado de ferro e potasio, aluminio e magnesio, de fórmula K(Fe, Mg, Al)2 (Si4O10) (OH)2. Pertence ao grupo das micas e cristaliza no sistema monoclínico. O hábito é en gránulos moi pequenos e a cor verde moi escura. Presenta boa exfoliación e ten unha dureza de 2 e unha densidade de 2,5-2,8. É de orixe sedimentaria mariña, e localízase en calcarias ou en areeiras impuras. Emprégase como colorante.

Palabras veciñas

Glauco | glaucófana | glaucoma | glauconita | Glaux | Glazov | Glazunov, Aleksandr Konstantinovič