Gleditsia
Gleditsia
[PLANTA]
Xénero de árbores espiñentas, da familia das fabáceas, que presentan espiñas sobre o tronco e pólas; follas compostas, pinnadas e bipinnadas na mesma planta; flores en acios espiciformes, pequenas e pouco vistosas dunha cor verde-amarela; froito en legume indehiscente, de cor castaña e algo polposo, de ata 60 cm. É unha árbore que procede do leste e centro dos EE UU e que se introduciu en Europa a principios do s XVIII, sendo moi frecuente atopala en paseos e xardíns.