glía

glía
s f [BIOL]

Cada un dos elementos celulares que constitúen o soporte do sistema nervioso central. Existen catro tipos de células gliais, os oligodendrocitos, as células ependimarias, os astrocitos e a microglía. Outras das funcións das células gliais son a de abastecer de nutrintes e a de controlar a composición do líquido que envolve as neuronas.