glicemia

glicemia

(< glic- + -emia)

s f [MED]

Presencia de glicosa no sangue. Normalmente o sangue contén unha cifra constante, que, segundo o método con que se fai a determinación, oscila entre 60 e 120 mg/100 ml do sangue total. Cando os valores desta cifra son superiores fálase de hiperglicemia, e cando son inferiores, de hipoglicemia. A hiperglicemia débese sobre todo por falta de insulina (diabete mellitus). Para a diagnose da diabete non é suficiente, ás veces, a determinación usual da glicemia en xexún. Existen outros métodos complementarios, como o estudo da curva de glicemia; nesta proba determínanse as variacións da cantidade de azucre no sangue trala inxesta dunha cantidade fixa de azucre co que se mide a glicemia aos 30, 60, 90 e 120 minutos.

Palabras veciñas

gliburida | glic(o)- | glicano | glicemia | glicémico -ca | glicer(o)- | gliceraldehido