globulina

globulina

(

s f [BIOQ/MED]

Cada unha das proteínas globulares, que forman un grupo moi diverso, algunhas das cales teñen átomos metálicos (Fe, Cu, Zn), ou son lipoproteínas ou glicoproteínas. Están presentes no leite, ovos, sangue e como proteína de reserva nas sementes. Entre as máis importantes existen as do plasma sanguíneo, con tres fraccións separables: a α-globulina, a β-globulina e a γ-globulina (gammaglobulina). A α-globulina é a fracción proteica composta por diversas proteínas que coinciden na carga eléctrica. Existe o grupo α1(α1-lipoproteínas, α1-seromucoides, α1-glicoproteínas) e o grupo α2(α2-macroglobulinas, α2-lipoproteínas, haptoglobinas e ceruloplasmina). A β-globulina é a fracción proteica heteroxénea que contén a transferrina, unha lipoproteína, unha glicoproteína, a properdina e outros elementos. A γ-globulina contén a maioría dos anticorpos (antistreptolisina, antihialuronidada, crioaglutinina) e outras proteínas con carácter de anticorpo, como as immunoglobulinas, que son as responsables da resposta inmune.

Palabras veciñas

globular | Globularia | globulífero -ra | globulina | globulización | glóbulo | globuloso -sa