glockenspiel*
glockenspiel*
s
m
[MÚS]
Instrumento idiófono de percusión directa formado por unha ringleira de láminas metálicas que, percutidas por uns martelos, producen un son arxénteo e claro. Comprende dúas ou tres oitavas da escala diatónica ou cromática. Na orquestra, foi utilizado por primeira vez por G. F. Händel en Saül e, posteriormente, por W. A. Mozart na Frauta máxica; a partir do s XIX utilizouse de forma máis habitual.