glosa

glosa

(

    1. s f

      Palabra escura ou difícil dun texto, que require explicación.

    2. s f

      Comentario que se fai dun texto determinado, independientemente da súa extensión.

    3. s f [FILOL]

      Explicación que se fai dunha palabra, frase ou texto de difícil comprensión. Nos manuscritos as glosas poden ser interlineais ou marxinais.

    4. glosas emilianenses

      Anotacións en latín, romance e eúscaro que constitúen a primeira manifestación escrita dunha lingua romance peninsular, ademais das primeras frases escritas en eúscaro. Recollidas nos mosteiros de san Millán de la Cogolla, foron realizadas por un ou varios copistas anónimos do s XI que comentan ou glosan as partes más difíciles de entender duns textos en latín co fin de os achegar a un pobo que xa descoñece o latín usado polos cregos. Hai glosas en latín que aclaran outro termo latino que xa non se comprende e outras formas romances que documentan a fala popular das terras altorrioxanas no s XI. Ao procederen dunha rexión que foi punto de confluencia de varias culturas hispánicas -castelá, vasca, navarra e aragonesa-, aprécianse nelas tamén trazos castelás e navarro-aragoneses, mesmo xermánicos. Normalmente son palabras soltas ou breves frases; só unha vez, se atesta un parágrafo que contén xa morfoloxía española e estrutura sintáctica. Malia estaren datadas no s X, hai estudiosos que as sitúan cronoloxicamente no s IX.

    5. glosas silenses

      Anotacións aclaratorias do Homiliario de Silos, texto latino de finais do s XI. Xunto ás glosas emilianenses, constitúen unha das primeiras manifestacións escritas dunha lingua romance peninsular. Recollidas no mosteiro de Santo Domingo de Silos, consérvanse no British Museum de Londres.

  1. s f

    Comentario ou explicación que aclara algo.

  2. s f [DER/HIST]

    Comentario dun texto xurídico que se fai para aclarar ou interpretar o mesmo. Apareceron nos ss XII-XV, tanto en textos romanistas coma canónicos, primeiro interlineadas e despois na marxe do manuscrito. Acadaron o seu momento de maior esplendor coa escola de glosadores de Boloña, elaborada en base ao dereito romano xustiniano. En dereito canónico fixéronselle glosas ao dereito de Gracia e ás Decretais, ás coleccións de Bonifacio VIII e ás Clementinas, pero a súa autoridade está sempre supeditada ao texto legal.

  3. s f [LIT]

    Composición poética na que cada estrofa repite un ou máis versos pertencentes á primeira estrofa.

  4. s f [ZOOL]

    Parte do aparato bucal dos insectos.

Palabras veciñas

Gloriosa, A | glorioso -sa | glos(o)- | glosa | glosador -ra | glosar | glosario