Gnaphalium

Gnaphalium
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas ou leñosas, da familia das asteráceas, que presentan follas enteiras, brácteas involucrais planas e escariosas, receptáculo plano sen escamas e froito en aquenio cilíndrico cun apéndice de filamentos libres entre eles. En Galicia está presente a especie G. uliginosum.

Palabras veciñas

Glyndŵr, Owain | Gmelin, Leopold | gmelinita | Gnaphalium | gnat(o)- | gnatión | gnato-