Gobi
Gobi
asta rexión desértica de Asia oriental, que se estende polo S de Mongolia e polo N de China (1.036.000 km2). É un altiplano cuberto por dunas e pedregais e limitado por montañas, cunha altitude de 800 a 1.000 m. Pola súa situación, é un deserto frío e dunha grande aridez, de clima continental rigoroso. A escasa poboación concéntrase arredor dos numerosos oasis, pero a maioría dos habitantes son nómades e dedícanse á cría de cabras, ovellas, cabalos e camelos. As antigas rutas das caravanas convertéronse en estradas e pistas.