góbido -da

góbido -da

(< lat científico Gobius)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos góbidos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos góbidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Familia de peixes actinopterixios da orde dos perciformes, que se caracterizan polo feito de ter o corpo pequeno e fusiforme, os ollos en posición superior e moi xuntos, dúas aletas dorsais, unha caudal redondeada e aletas pelvianas fusionadas por debaixo formando un disco adhesivo. A maioría das especies son mariñas, entre as que existe o gobio, pero tamén inclúe unhas 400 especies de auga doce.