Golmar, pazo de
Golmar, pazo de
Construción situada en Roade (Sobrado). A zona destinada a vivenda ten planta en forma de L; ademais ten outro corpo cunha balconada con balaustrada pétrea do s XVIII. A fachada principal conserva un escudo que leva as armas dos Sánchez Barallobre.