Golpes Bajos

Golpes Bajos
[MÚS]

Grupo musical representante da chamada movida viguesa, nado en 1982 en Vigo e formado inicialmente polo dúo Germán Coppini (voz e textos) e Teo Cardalda (composición e instrumentos). Tras vencer na primeira edición do Concurso de Maquetas organizado por Rock Especial en 1983, ampliou a súa formación coa incorporación de Pablo Novoa e Luis García, que se encargaron do labor instrumental. Fixo célebres temas como “No mires a los ojos de la gente”, “Malos tiempos para la lírica”, “Lágrimas”, “Estoy enfermo”, “Hansel y Gretel”, “Colecciono Moscas” e “Cena recalentada”. Da súa discografía destaca Golpes Bajos (1983), A santa compaña (1984) e Devocionario (1985).

Palabras veciñas

Golpellás | Golpellás | golpeo | Golpes Bajos | Golpilleira, pazo da | golpismo | golpista